jueves, 6 de marzo de 2014

ESTUDAMOS PARA A AVALIACIÓN

Se repasades todo o que temos feito pode haber notas fantásticas. Se non repasades é posible que se vos olvide todo. Nese caso as notas non serán tan espectaculares. Eu creo que haberá xente como Lorena que está a procura dun SB e non vai deixar escapar a ocasión. A min naide me pode dicir que poño moitos SB, así que xa sabedes o que tedes que facer.

O traballo de María Fernández e a súa familia está moi ben para refrescar a memoria. As pistas e resumes tamén, pero os textos que podedes crear sobre calquer asunto, relacionando ben co aprendido no libro, pode ser interesantísimo para levar boa nota en Lingua, sen olvidar os verbos e os exerccios da libreta.

Aínda estades a tempo de engordar as vosas notas. Facer os exercicios é un alimento moi adecuado  para telas ben cebadas, de modo que cada día que non traballas na túa libreta as notas adelgazan un par de quilos. Xa sabes o que che quero dicir. Artai, Lara ... xa me ententendedes...

Ánimo, que as notas aínda poden ser boas, moi boas, espectaculares, ou  raquíticas e esqueléticas.

Hai que decir que Lorena non ten internet  na casa e vai estudar a biblioteca nos bolgs. Así que o seu mérito é moito. Hoxe deunos unha lección a todos, está por diante de calquera. FALAR É DE QUEN QUERE, FACER É DE QUEN PODE.

Vexo un SB para Lorena, pero o resto ... A ver se para a semana que ven hai máis xente que sabe facer os temas de María Fernández.

No hay comentarios:

Publicar un comentario