Neste programa de tve podes comprobar como os cinco primeiros tema de C.M. se relacionan. A xente vive nunha zona xeográfica determinada, realiza un traballo, obtén uns beneficios cos que pode construír a súa familia e contribuír a formar un grupo social. Ese núcleo de poboación mantense nun tempo polo que quedan restos do seu pasado que poñen en valor. Aparecen industrias relacionadas coas riquezas naturais e os bens son distribuídos entre as familias que permanecen unidas.Varias industrias relacionadas co viño son herencias de varias xeneracións que conservan un patrimonio e un prestixio importante, outras son novas iniciativas que intentan recuperar un pasado perdido, e outras optan definitivamente por unha mellora que a tecnoloxía actual permite.
AGROSFERA 2
Se lle adicas tempo e atención a ese video poderás responder a preguntas que che fagan sobre el. A primeira pregunta son eu que a fago
1º- Cal é a provincia que ten mais cabezas de gando caprino e produce máis leite de cabra de toda Europa?
... e outra máis ...
2º- Que cantidade de Torta del Casar se exporta do total da produción anual?
... e mais...
3º- Como se chama a poboación que produce pementos de catro picos, un centímetro de grosor e co que se poden facer marmeladas.
... e mais...
4º- Quen era a nai de Catalina de Austria, que chegou a ser raíña de Portugal ?
Confecciona preguntas que obliguen a os demais a visionar o programa e respondelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario