viernes, 31 de enero de 2014

BOTAFUMEIRO



Esta ceremonia lembra o traslado dos restos do Apóstol Santiago, na Idade Media.



CEREMONIA DO BOTAFUMEIRO



QUE É, PARA QUE SERVE?

BOTAFUMEIRO

SUSTOS QUE DEU O BOTAFUMEIRO


Producíronse diversos accidentes ó longo da historia. Un dos máis sonados sucedeu durante a visita en 1499 da princesa Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos, cando ía embarcarse na Coruña para contraer matrimonio con Príncipe de Gales. Parece ser que o botafumeiro se desprendeu e saíu despedido a través da porta de Praterías, sen que ninguén resultase ferido.
"...y assi andaba, que casi llegaba de la vna puerta del Crucero a la otra, y andando assi se le quebraron las cadenas en que andaba colgado, y si como tiraran vna bombarda salio sin derramar vna sola asqua por la puerta de la Iglesia, donde se hizo pedazos, y se vertió toda la lumbre que en él estaba sin hazer mal a ninguna persona"
Xesús Carro García, 1933
Suponse que axiña fixeran outro novo incensario, porque co inventario de 1529 volve recollerse "yten el ynçensario grande que corre a las procesiones solempnes".
De novo, o 23 de maio de 1622, en ocasión dunha misa solemne na que se sacou en procesión o Lignum crucis [6], rompeu a corda e o botafumeiro caeu en vertical, atravesando o entarimado que se instalara para as festas do Corpus. A crónica engade que:
"Túuose esto por evidente milagro del Santo Apóstol, porque a qualquiera parte que desviara, por poco que fuera, era cosa ymposible que dejara de matar, y herir muchas personas, por hauer grande concurso de gente, y lo que más admira es, que cayendo a los pies de los tiradores, que están siempre perpendicularmente debajo de la rueda, y siendo cuatro, a ninguno tocó ni en el pelo de la ropa. Mirabilis Deus in Santis suis"
Xesús Carro García, 1933
As cordas ou outros elementos de seguridade fallaron máis veces, coma en 1925 e o 26 de xullo de 1937, pero nunca se produciron feridos.




CULTURA E DIVERSIÓN

Vemos como hai xente que adica o seu tempo libre a aprender o que non se pode ver  na escola. Curiosamente os petróglifos vense mellor ao escurecer, a luz dunha linterna. Moitos mozos e as súas familias, no verán,  aproveitan as vacacións para escoitar expertos que coñecen ben estos asuntos.

PARTE 1






                                                                      PARTE 2



PARTE 2 PETROGLIFOS AUGA DE LAXE

lunes, 27 de enero de 2014

ENUNCIADOS TEMA 8

 TEMA 8

PÁXINAS 120-121

1º Está habitada desde hai milleiros de anos.

2º- O Dolmen de Dombate é un exemplo de ese tipo de monumentos.

3º- Esa cultura é a que desenvolveron os galaicos no noroeste peninsular.

4º- As terras da antiga Gallaecia foron conquistadas nese ano.

5º- Nome romano que se lle deu á cidade de Lugo.

6º- Gravados en pedra coma o do Couto das Sombriñas.

7º- Pobos que se asentan en Galicia despois do 476 dC.

8º- Nome dun castro famoso situado no alto dun monte preto da costa.

9º- Exemplo de pórtico románico da catedral de Santiago.

10º- Reino cristiá que forma Galicia no século IX.

INVESTIGA:

Os romanos tiñan como costume nomear  os seus xenerales polos feitos extraordinarios e de moito valor. Se vencían a os xermanos apodábase Xermánico. DÉCIMO XUNIO BRUTO GALAICO, levou ese nome en honor as victorias fronte a os pobos do noroeste hispano. Xinzo de Limia celebra a festa do ESQUECEMENTO en lembranza de aqueles tempos.

IMPORTANTE XENERAL NOS VISITA

FESTA EN XINZO


PÁXINAS 122-123

1º- Hai eses anos que o home habita Galicia.

2º- Dous campamentos moi antigos ao aire libre.

3º- Nese sitio de Lugo habitaron en covas ou abrigos.

4º- Período prehistórico no que se construíron pedras fitas.

5º- Menhir na provincia de Pontevedra.

6º-Catro poboados importantes da Idade dos Metais.

7º- Tipo de cerámica decorada con liñas horizontais.

8º- Dous territorios importantes pola riqueza en estaño.

9º- Mezcla de cobre e estaño.

10º- Vila na que se encontrou o maior tesouro de ouro de gran calidade.


INVESTIGA:

O descubrimento do bronce a partires da xuntanza de estaño e cobre, foi tan importante que hai un tempo chamado a Idade do Bronce. Nese tempo as rutas dirixíanse a  Inglaterra pasando polo noso fisterra.




En Penouta temos unha mina que xa foi explotada en tempos dos romanos. Pero volve estar de moda.

TANTALIO, WOLFRAMIO, ESTAÑO

PEDRAS DE GALICIA


PÁXINAS 124-125

1º- Os galaicos estaban influídos por eles no primeiro milenio antes de Cristo.

2º- Así se lle chama a cultura  que desenvolveron aqueles pobos prerromanos de Hispania.

3º- Dous castros da época galaico-romana.

4º- Non foron derrotados ata o 19 aC por usalas para defenderse.

5º- Nome romano de Celanova.

6º- Principal cidade romana de Galicia.

7º- Para iso se construíron as calzadas.

8º- Único faro romano que aínda funciona hoxe.

9º- Ten uns dous quilómetros de recorrido e setenta torres.

10º- Foi habitado dende o século X antes de Cristo.

INVESTIGA:

Podes averiguar a historia de Chaves e Ourense e verás que as dúas foron fundadas polos romanos, que as dúas teñen augas quentes e que eran importantes cruces de camiños. Nos restos romanos quedaron os nomes das tribus indíxenas.

PADRÓN DE LOS PUEBLOS

CRUCE DE TRES CALZADAS

CIUDAD DEL ORO

PÁXINAS 126-127

1º- Eles fundaron o primeiro reino de Hispania.

2º- Empezaron a fundarse xa no século V.

3º- Un pobo novo ocupa toda a península.

4º- Importante cidade galega ocupada polos musulmáns no ano 714.

5º- Por ese motivo se refuxiaron os cristiáns na Galicia.

6º- Rei que incorpora os territorios galegos a coroa asturiana.

7º- Nome novo do reino cando se espande cara o Douro.

8º- Importante rei castelán que escribiu na lingua galaico-portuguesa no século XIII.

9º- Usábano os peregrinos para apoiarse e defenderse dos animais.

10º- Estilo arquitectónico propio do Camiño de Santiago.

INVESTIGA:

Os pobos que ocuparon Hispania cando desaparece Roma foron moitos, pero os suevos foron os primeiros en fundar un reino independente nas terras da antiga Gallaecia.

PROVINCIAS HISPANAS

BÁRBAROS EN HISPANIA

ESPANSIÓN DOS SUEVOS

SUEVOS E VISIGODOS

QUIEN ERA DON PELAYO

UN MOSTEIRO MOI PARTICULAR

PEDRAS CON HISTORIA

















viernes, 24 de enero de 2014

PISTAS ESTUPENDAS

MIGUEL PÉREZ

PÁXINAS 100-101

1º- Ano no que un exército musulmán do Norte de África conquista case toda a Península Ibérica.

2º- Ano no que chegan os visigodos.

3º- Nome que lle puxeron o exercito de  musulmáns ao reino que fixeron na Península Ibérica.

4º- Século no que desenvolveron cidades e xurdiron os burgueses.

5º- Nome da época dos castelos.

6º- Persoas que traballan a terra e lle debían obediencia ao señor.

7º- Persoas que rezaban, estudaban e divulgaban a cultura.

8º- Persoas que loitaban para defender os seus territorios ou axudar ao rei.

9º- Persoas dedicadas ao traballo artesán e ao comercio.

10º- Construcións que promoveu na sociedade da Idade Media.

PÁXINAS  102-103

1º- Século no que o imperio romano foi ocupado por pobos procedentes do Norte e mais o Leste de Europa.

2º- Un dos pobos que instaláronse en Hispania.

3º- Anos que se mantivo o reino visigodo.

4º- Capital onde instalaronse os visigodos.

5º-Relixión nada en Arabia a comezos do século VII.

6º- Seguidores dos Islamns.

7º- Ano ata que durou a presenza islámica na Península Ibérica.

8º- Reino que foi conquistado no ano 1492.

9º- Catro grandes reinos cristiáns do territorio da Península Ibérica.

10º- Número de vezes que os musulmáns devian rezar ao día.

PÁXINAS 104-105

1º- Ano no que creouse o Califato de Córdoba.

2º- Sociedade fundamental urbana.

3º- Fortaleza militar na parte máis alta da cidade.

4º- Zonas onde estendíanse os campos de cultivo.

5º- Cultura das máis avanzadas da época medieval.

6º- Figura máis importante que viviu en Córdoba no século XII.

7º- Lugares onde fabricábanse obxectos de coiro, cerámica, vidro ou ourivaría.

8º- Barrio de vivendas situado fóra do recinto amurallado.

9º- Gran centro cultural onde se practicaba a medicina e se estudaba filosofía, astronomía e outras ciencias.

10º- Novos sistemas de regadío que crearon os andalusís.

lunes, 20 de enero de 2014

REPASA

RELACIONA:

1º- 509 a.C.                    1º- Fin da conquista de Hispania.

2º- 381 d. C.                   2º- Chegan os cartaxineses.

3º- 19 a.C.                      3º- Desembarco romano en Ampurias

4º- 218 a.C.                     4º- Cristianismo relixión oficial de de Roma.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------


1º- Vila                              1º- Vivenda dos ricos romanos nas cidades.

2º- Insulae                          2º- Produce os alimentos que se consumen na cidade.

3º- Domus                          3º- Vivenda dos humildes nunha cidade romana.

4º- Foro                              4º- Praza rodeada de edificios públicos.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º-  Castro                           1º- Pobo prerromano que habitaba o sur da Península.

2º- Torno                             2º- Poboado celta.

3º- Cabana                           3º- Usábano os íberos para facer cerámica.

4º- Íbero                               4º- Pedra, adobe, palla e ramaxes.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- Politeistas                     1º- Oficio dos celtas.

2º- Supersticiosos               2º- Romanos

3º- Deus romano                 3º- Xúpiter

4º- Ourive                           4º- Creen en moitos deuses.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- Muralla e foxo                 1º- Cubría as cabanas

2º- Tellado cónico                 2º- Para facer tecidos.

3º- Ferro                               3º- Defensa dos castros

4º- Liño e esparto                  4º- Para facer armas

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- ´Celtas e Íberos                  1º- Ano 19 a. C.

2º- Cartaxineses                       2º- Ano 218 en Ampurias

3º- Romanos                            3º- Mercaban cos pobos hispanos antes que Roma.

4º- Augusto                              4º- Eran os habitantes da Península Ibérica.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- Hispania                               1º- Funcións dos edificios do centro do castro.

2º- Arado                                   2º- Por ela pelexaron romanos e cartaxineses.

3º- Política e relixiosa                  3º- Con ela Roma fixo un gran imperio

4º- Lexión                                   4º- Instrumento agrícola que coñecían os íberos.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- Romanización                           1º- Para celebrar carreiras.

2º- 5.000                                       2º- Adoptan a lingua e costumes de Roma.

3º- Circo                                        3º- Para celebrar pelexas de gladiadores.

4º- Anfiteatro                                  4º-Infantería da lexión romana.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Me pregunto por qué se llama INFANTERÍA  a una tropa de gente que va a la guerra.INFANTIL, INFANTA, INFANTES... ¿Qué hacen en la guerra?



PISTAS TEMA 7

 Acorda que o libro de CM ten 16 temas. Hai que ler o tema seguinte e recoller a información na memoria. Se aínda non sabes elaborar pistas, aquí tes estas que poden valer.


TEMA 7

PÁXINAS 100-101

1º- Nese ano os musulmáns conquistan a Península Ibérica.

2º- Así lle chamaron á Hispania Musulmá.

3º- De alí procedían os musulmáns que conquistaron Hispania.

4º- Lugar da Península onde os cristiáns se refuxiaron.

5º- Eles loitaban para defender ós seus territorios.

6º- Eles estudaban e divulgaban a cultura.

7º- Eles traballaban á terra para os señores que os defendían.

8º- Persoas que vivían nas vilas gracias  a un oficio artesán ou  comerciando.

9º- Período da Historia onde se construíron conventos, catedrais e castelos.

10º- Século en que cae o último reino musulmán.

PÁXINAS 102-103

1º- Suceso co que termina a Idade Antiga.

2º- Tempo que vai dende a desaparición do Imperio Romano ata a expulsión dos musulmáns da Península.

3º- Eles, antes ca os musulmáns, conquistaron a Península.

4º- Alí instalaron a capital do seu reino, que durou douscentos anos.

5º- Alí naceu a relixión que trouxeron polo norte de África.

6º- Reino cristián que desaparece no 711.

7º- Nese ano finou o derradeiro reino musulmán de Granada.

8º- Profeta do Islam.

9º- Deus dos musulmáns.

10º- Lugar da mesquita dende o que os fieis son chamados a orar.

PÁXINAS 104-105

1º- Alí estaban os primeiros califas que mandaban en Al- Andalus.

2º- Dispois dise ano o califa de Al- Andalus vivía en Córdoba.

3º- Tres edificios propios dunha cidade andalusí.

4º- Seis especies vexetais que trouxeron os musulmáns.

5º- Tres sistemas de regadío na agricultura andalusí.

6º- Parte da cidade onde vivían os artesáns e comerciantes.

7º- Alí se facían os intercambios de produtos agrícolas e artesáns.

8º- Cifra nova que trouxeron os árabes da India.

9º- Famoso sabio que viviu en Cordoba no século XII.

10º- Ela trouxo, do Oriente, o papel, a pólvora e os cifras que empregamos  hoxe.

PÁXINAS 106- 107

1º- Iban de castelo en castelo cantando amores e fazañas dos cabaleiros andantes.

2º- Ese era o tipo de sociedade nos reinos cristiáns.

3º- Principal actividade económica da poboación cristiá.

4º- Parte do castelo onde vivía a familia do señor feudal.

5º- Os cabaleiros que recibían terras do señor feudal debían pagarlle así.

6º- Campesiños que non tiñan propiedade nin liberdade persoal.

7º- A eles os reis lles confiaban a defensa dos seus territorios.

8º- Tres diversións favoritas dos señores feudais.

9º- Así se chaman as terras entregadas polo rei a os nobres.

10º- Ponte levadiza, murallas,  foxo e torres de defensa formaban parte del.

PÁXINAS 108-109

1º-Tres labores diarias nos mosteiros.

2º- Era a función de abades e abadesas.

3º- Así era a maioría da poboación porque non sabía ler nin escribir.

4º- Parte do convento onde se reunían os monxes para comer.

5º- Alí os monxes lían e rezaban en silencio.

6º- Ocupación importantísima dalgúns monxes.

7º- Ao seu arredor se construía todo o mosteiro.

8º- Os monxes comían estes alimentos en escasas ocasións.

9º- Era o almorzo nos mosteiros.

10º- Prenda de vestir que usaban os monxes dos mosteiros.

PÁXINAS 110-111

1º- Traballaban a terra e coidaban o gando.

2º- Motivos polo que a produción agrícola era escasa.

3º- Labor dos campesiños propia do mes de xullo.

4º- Dous tipos principais de cultivos.

5º- Dúas causas de grande mortandade entre os campesiños.

6º- Eles eran a meirande parte dos campesiños.

7º- Dous tipos de amos  para quen traballaban os servos dándolle parte das colleitas.

8º- Tres novas importantes nunha aldea medieval.

9º- Construían as súas vivendas, fabricaban as ferramentas e elaboraban os seus vestidos.

10º- Catro alimentos que os campesiños producían e consumían.

PÁXINAS 112-113

1º- A partir dos séculos XI e XII melloraron moito.

2º-  Adoitaban situarse nas encrucilladas de camiños.

3º-  A burguesía adicábase a esas actividades.

4º- Así eran as portas polas que se entraba ás cidades.

5º- Eran moi estreitas, case non lles daba o sol e había moita humidade.

6º- Era habitual facelo xa que non había rede de sumidoiros.

7º-Non tiñan auga corrente e estaban pegadas unhas ás outras.

8º- Arredor dela estaban: Concello, hospital, palacio e igrexa.

9º- Era o único que tiña obradoiro propio.

10º- Formados por burgueses controlaban a calidade e os prezos dos produtos.

PÁXINAS 114-115

1º- Arte propio dos séculos XI e XII.

2º- Arte propio dos séculos XIII E XIV.

3º- Así eran os muros das igrexas románicas.

4º- Para iso servían as pinturas e relevos  que representaban a vida de Jesús.

5º- Parte alta das igrexas onde se situaban as campanas.

6º- Así eran as igrexas góticas.

7º- Ventás de cores que representaban a vida de Xesús.

8º- Ventás redondas con cristais polas que penetraba a luz.

7º- Arco propio do estilo gótico.

8º- Arco propio do estilo románico.

9º- Nos dous estilos arquitectónicos se decoraban así as fachadas.

10º- Eles encontraron formas de levantar muros altos e delgados e con amplas fiestras.










martes, 14 de enero de 2014

IMOS AVALIANDO ...

 SEGUNDA AVALIACIÓN

PISTAS TEMA 6

PÁXINAS 82-83

1º- Nome que lle deron os romanos a Península Ibérica.

2º- Pobos que habitaban a Península cando chegaron os romanos.

3º- Ano no que os romanos desembarcaron en Ampurias.

4º- Ano en que se termina a conquista de Hispania polos romanos.

5º- Tempo que os romanos tardaron en conquistar Hispania.

6º- Cultivos que foron desenvolvidos polos romanos na Península.

7º- Proceso polo cal os nativos de Hispania se adaptaron a forma de vida de Roma.

8º- Ano no que Roma adopta o cristianismo como relixión oficial.

9º- Pobo que chega a Península no ano 509 a.C.

10º- Ano en que desaparece o Imperio Romano.

PÁXINAS 84-85

1º- De alí viñeron os pobos prerromanos que habitaron o Norte e centro da Península.

2º- Pobo que habitaba en  castros.

3º- Poboados situados nos outeiros ou preto do mar, defendidos por un foxo e muro.

4º- Casa típica dos castros.

5º- Funcións dos edificios públicos dos castros.

6º- Materiais cos que fabricaban as súas cabanas.

7º- Eran cinco oficios que os celtas dominaban.

8º- Tres inventos que os celtas non coñecían.

9º- Neles baseaban os celtas a súa agricultura.

10º- Os brazaletes e torques ou colares eran símbolos del.

PÁXINAS 86-87

1º-  Con el fabricaban os iberos os obxectos de cerámica.

2º-  Eses pobos comerciaron moi cedo con outros pobos mediterráneos.

3º- Partes da Península nas que vivían os iberos.

4º- Forma en que os iberos conservaban o peixe.

5º- Tres inventos que coñeceron os iberos pero non os celtas.

6º- Plantas coas que facían tecidos.

7º- Lugar onde os iberos incineraban aos seus defuntos.

8º- Conxunto de obxectos que acompañaban as cinzas dos defuntos.

9º- Instrumento agrícola que introduciron os iberos na Peninsula.

10º- Metal coñecido polos iberos co que fabricaban armas.


PÁXINAS 88-89

1º- Lugar de onde viñeron os cartaxineses.

2º- Lugar de onde viñeron os romanos.

3º- Grazas a elas os romanos conquistaron un grande imperio.

4º- Dúas ambicións dos romanos.

5º- Fases da conquista de Hispania polos romanos.

6º- Pobo que comerciaba no Mediterráneo antes que os romanos.

7º- Niso consiste a romanización dos hispanos.

8º- Emperador que acabou a conquista de Hispania.

9º- Número de soldados de infantería dunha lexión.

10º- Dúas cidades españolas fundadas polos cartaxineses.


PÁXINAS  90-91


1º- Casas luxosas dos ricos romanos nas cidades.

2º- Casas das cidades onde vivían as persoas humildes.

3º- Gran praza rodeada de edificios públicos.

4º- Obra de enxeñaría que transportaba auga á cidade.

5º-  Construción conmemorativa de grandes batallas.

6º- Neles organizábanse xogos e loitas de gladiadores.

7º- Nelas vendíanse os produtos agrícolas que se traían de fóra da cidade.

8º- Neles traballaban os teceláns, zapateiros, ourives, panadeiros, oleiros...

9º- Persoas que non tiñan liberdade e eran propiedade doutra persoa.

10º- Dúas clases sociais entre as persoas libres romanas.


PÁXINAS  92-93


1º- Arredor delas organizábase as explotacións agrícolas de onde se obtiñan os alimentos que se consumían nas cidades.

2º- Lugar onde vivían a maioría dos habitantes do Imperio Romano.

3º- Alí vivían os propietarios da vila romana.

4º- Catro construcións da vila onde se facían diversos traballos.

5º- Mistura hispana, feita a base de peixe, moi apreciada polos romanos.

6º- Produtos vexetais que levaban os romanos de Hispania.

7º- Metais que exportaba Hispania para outras partes do Imperio.

8º- Principal modo de comunicarse para facer comercio entre as provincias afastadas do Imperio Romano.

9º- Gran vía romana que comunicaba Gades con Brigantium.

10º- Gran vía romana que comunicaba Ampurias con Cartago Nova.


PÁXINAS 94-95

1º- Os romanos  chámanse así por crer na existencia moitos deuses.

2º- Tres deuses importantes para os romanos.

3º- Dúas maneiras que tiñan os romanos de honrar  a os deuses.

4º-  Deuses protectores das familias en Roma.

5º-  Chámanse así os romanos por estar sempre consultando aos deuses antes de tomar decisións.

6º- Único deus que adoran os xudeus.

7º- Momento histórico en que nace Xesús, o Mesías dos cristiáns.

8º- Dous motivos polos que Xesús foi crucificado.

9º- Tres requisitos para gañar a salvación eterna segundo o cristianismo.

10º- Tres recomendacións para os cristiáns primitivos.


AVISO A NAVEGANTES!


Se vos poño un exame non debedes tomalo coma unha sorpresa, porque levamos todos os días traballando no tema seis do libro, facendo pistas e preguntando polo dereito e o  revés, escribíndoas no encerado, no Amarosinho Xeográfico, no Lingüístico... e aínda faremos máis. Chamei voluntarios todos os días para un dez e deixastes pasar a ocasión, por iso chamei forzosos, pero a cousa así non funciona.

Se o deixas todo para o final... alá ti. Xa sabes,os talentos pódense herdar, pero as notas gáñanse traballando, duro ás veces. Á xente que lle gusta estudar non conta o tempo que pasa diante do libro porque  sempre lle é pouco.Outros fan o mesmo, pero diante da tablet, os xogos do ordenador, etc, e non se acordan de estudar nin no libro, nin no blog, nin na libreta.

Que pasemos un feliz día de San Antón.