Acorda que o libro de CM ten 16 temas. Hai que ler o tema seguinte e recoller a información na memoria. Se aínda non sabes elaborar pistas, aquí tes estas que poden valer.
TEMA 7
PÁXINAS 100-101
1º- Nese ano os musulmáns conquistan a Península Ibérica.
2º- Así lle chamaron á Hispania Musulmá.
3º- De alí procedían os musulmáns que conquistaron Hispania.
4º- Lugar da Península onde os cristiáns se refuxiaron.
5º- Eles loitaban para defender ós seus territorios.
6º- Eles estudaban e divulgaban a cultura.
7º- Eles traballaban á terra para os señores que os defendían.
8º- Persoas que vivían nas vilas gracias a un oficio artesán ou comerciando.
9º- Período da Historia onde se construíron conventos, catedrais e castelos.
10º- Século en que cae o último reino musulmán.
PÁXINAS 102-103
1º- Suceso co que termina a Idade Antiga.
2º- Tempo que vai dende a desaparición do Imperio Romano ata a expulsión dos musulmáns da Península.
3º- Eles, antes ca os musulmáns, conquistaron a Península.
4º- Alí instalaron a capital do seu reino, que durou douscentos anos.
5º- Alí naceu a relixión que trouxeron polo norte de África.
6º- Reino cristián que desaparece no 711.
7º- Nese ano finou o derradeiro reino musulmán de Granada.
8º- Profeta do Islam.
9º- Deus dos musulmáns.
10º- Lugar da mesquita dende o que os fieis son chamados a orar.
PÁXINAS 104-105
1º- Alí estaban os primeiros califas que mandaban en Al- Andalus.
2º- Dispois dise ano o califa de Al- Andalus vivía en Córdoba.
3º- Tres edificios propios dunha cidade andalusí.
4º- Seis especies vexetais que trouxeron os musulmáns.
5º- Tres sistemas de regadío na agricultura andalusí.
6º- Parte da cidade onde vivían os artesáns e comerciantes.
7º- Alí se facían os intercambios de produtos agrícolas e artesáns.
8º- Cifra nova que trouxeron os árabes da India.
9º- Famoso sabio que viviu en Cordoba no século XII.
10º- Ela trouxo, do Oriente, o papel, a pólvora e os cifras que empregamos hoxe.
PÁXINAS 106- 107
1º- Iban de castelo en castelo cantando amores e fazañas dos cabaleiros andantes.
2º- Ese era o tipo de sociedade nos reinos cristiáns.
3º- Principal actividade económica da poboación cristiá.
4º- Parte do castelo onde vivía a familia do señor feudal.
5º- Os cabaleiros que recibían terras do señor feudal debían pagarlle así.
6º- Campesiños que non tiñan propiedade nin liberdade persoal.
7º- A eles os reis lles confiaban a defensa dos seus territorios.
8º- Tres diversións favoritas dos señores feudais.
9º- Así se chaman as terras entregadas polo rei a os nobres.
10º- Ponte levadiza, murallas, foxo e torres de defensa formaban parte del.
PÁXINAS 108-109
1º-Tres labores diarias nos mosteiros.
2º- Era a función de abades e abadesas.
3º- Así era a maioría da poboación porque non sabía ler nin escribir.
4º- Parte do convento onde se reunían os monxes para comer.
5º- Alí os monxes lían e rezaban en silencio.
6º- Ocupación importantísima dalgúns monxes.
7º- Ao seu arredor se construía todo o mosteiro.
8º- Os monxes comían estes alimentos en escasas ocasións.
9º- Era o almorzo nos mosteiros.
10º- Prenda de vestir que usaban os monxes dos mosteiros.
PÁXINAS 110-111
1º- Traballaban a terra e coidaban o gando.
2º- Motivos polo que a produción agrícola era escasa.
3º- Labor dos campesiños propia do mes de xullo.
4º- Dous tipos principais de cultivos.
5º- Dúas causas de grande mortandade entre os campesiños.
6º- Eles eran a meirande parte dos campesiños.
7º- Dous tipos de amos para quen traballaban os servos dándolle parte das colleitas.
8º- Tres novas importantes nunha aldea medieval.
9º- Construían as súas vivendas, fabricaban as ferramentas e elaboraban os seus vestidos.
10º- Catro alimentos que os campesiños producían e consumían.
PÁXINAS 112-113
1º- A partir dos séculos XI e XII melloraron moito.
2º- Adoitaban situarse nas encrucilladas de camiños.
3º- A burguesía adicábase a esas actividades.
4º- Así eran as portas polas que se entraba ás cidades.
5º- Eran moi estreitas, case non lles daba o sol e había moita humidade.
6º- Era habitual facelo xa que non había rede de sumidoiros.
7º-Non tiñan auga corrente e estaban pegadas unhas ás outras.
8º- Arredor dela estaban: Concello, hospital, palacio e igrexa.
9º- Era o único que tiña obradoiro propio.
10º- Formados por burgueses controlaban a calidade e os prezos dos produtos.
PÁXINAS 114-115
1º- Arte propio dos séculos XI e XII.
2º- Arte propio dos séculos XIII E XIV.
3º- Así eran os muros das igrexas románicas.
4º- Para iso servían as pinturas e relevos que representaban a vida de Jesús.
5º- Parte alta das igrexas onde se situaban as campanas.
6º- Así eran as igrexas góticas.
7º- Ventás de cores que representaban a vida de Xesús.
8º- Ventás redondas con cristais polas que penetraba a luz.
7º- Arco propio do estilo gótico.
8º- Arco propio do estilo románico.
9º- Nos dous estilos arquitectónicos se decoraban así as fachadas.
10º- Eles encontraron formas de levantar muros altos e delgados e con amplas fiestras.
Hola Maite
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarHola, Juan, no sabía que se podían poner comentarios. Hasta mañana.
Eliminar