viernes, 31 de enero de 2014

BOTAFUMEIRO



Esta ceremonia lembra o traslado dos restos do Apóstol Santiago, na Idade Media.



CEREMONIA DO BOTAFUMEIRO



QUE É, PARA QUE SERVE?

BOTAFUMEIRO

SUSTOS QUE DEU O BOTAFUMEIRO


Producíronse diversos accidentes ó longo da historia. Un dos máis sonados sucedeu durante a visita en 1499 da princesa Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos, cando ía embarcarse na Coruña para contraer matrimonio con Príncipe de Gales. Parece ser que o botafumeiro se desprendeu e saíu despedido a través da porta de Praterías, sen que ninguén resultase ferido.
"...y assi andaba, que casi llegaba de la vna puerta del Crucero a la otra, y andando assi se le quebraron las cadenas en que andaba colgado, y si como tiraran vna bombarda salio sin derramar vna sola asqua por la puerta de la Iglesia, donde se hizo pedazos, y se vertió toda la lumbre que en él estaba sin hazer mal a ninguna persona"
Xesús Carro García, 1933
Suponse que axiña fixeran outro novo incensario, porque co inventario de 1529 volve recollerse "yten el ynçensario grande que corre a las procesiones solempnes".
De novo, o 23 de maio de 1622, en ocasión dunha misa solemne na que se sacou en procesión o Lignum crucis [6], rompeu a corda e o botafumeiro caeu en vertical, atravesando o entarimado que se instalara para as festas do Corpus. A crónica engade que:
"Túuose esto por evidente milagro del Santo Apóstol, porque a qualquiera parte que desviara, por poco que fuera, era cosa ymposible que dejara de matar, y herir muchas personas, por hauer grande concurso de gente, y lo que más admira es, que cayendo a los pies de los tiradores, que están siempre perpendicularmente debajo de la rueda, y siendo cuatro, a ninguno tocó ni en el pelo de la ropa. Mirabilis Deus in Santis suis"
Xesús Carro García, 1933
As cordas ou outros elementos de seguridade fallaron máis veces, coma en 1925 e o 26 de xullo de 1937, pero nunca se produciron feridos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario