martes, 14 de enero de 2014

IMOS AVALIANDO ...

 SEGUNDA AVALIACIÓN

PISTAS TEMA 6

PÁXINAS 82-83

1º- Nome que lle deron os romanos a Península Ibérica.

2º- Pobos que habitaban a Península cando chegaron os romanos.

3º- Ano no que os romanos desembarcaron en Ampurias.

4º- Ano en que se termina a conquista de Hispania polos romanos.

5º- Tempo que os romanos tardaron en conquistar Hispania.

6º- Cultivos que foron desenvolvidos polos romanos na Península.

7º- Proceso polo cal os nativos de Hispania se adaptaron a forma de vida de Roma.

8º- Ano no que Roma adopta o cristianismo como relixión oficial.

9º- Pobo que chega a Península no ano 509 a.C.

10º- Ano en que desaparece o Imperio Romano.

PÁXINAS 84-85

1º- De alí viñeron os pobos prerromanos que habitaron o Norte e centro da Península.

2º- Pobo que habitaba en  castros.

3º- Poboados situados nos outeiros ou preto do mar, defendidos por un foxo e muro.

4º- Casa típica dos castros.

5º- Funcións dos edificios públicos dos castros.

6º- Materiais cos que fabricaban as súas cabanas.

7º- Eran cinco oficios que os celtas dominaban.

8º- Tres inventos que os celtas non coñecían.

9º- Neles baseaban os celtas a súa agricultura.

10º- Os brazaletes e torques ou colares eran símbolos del.

PÁXINAS 86-87

1º-  Con el fabricaban os iberos os obxectos de cerámica.

2º-  Eses pobos comerciaron moi cedo con outros pobos mediterráneos.

3º- Partes da Península nas que vivían os iberos.

4º- Forma en que os iberos conservaban o peixe.

5º- Tres inventos que coñeceron os iberos pero non os celtas.

6º- Plantas coas que facían tecidos.

7º- Lugar onde os iberos incineraban aos seus defuntos.

8º- Conxunto de obxectos que acompañaban as cinzas dos defuntos.

9º- Instrumento agrícola que introduciron os iberos na Peninsula.

10º- Metal coñecido polos iberos co que fabricaban armas.


PÁXINAS 88-89

1º- Lugar de onde viñeron os cartaxineses.

2º- Lugar de onde viñeron os romanos.

3º- Grazas a elas os romanos conquistaron un grande imperio.

4º- Dúas ambicións dos romanos.

5º- Fases da conquista de Hispania polos romanos.

6º- Pobo que comerciaba no Mediterráneo antes que os romanos.

7º- Niso consiste a romanización dos hispanos.

8º- Emperador que acabou a conquista de Hispania.

9º- Número de soldados de infantería dunha lexión.

10º- Dúas cidades españolas fundadas polos cartaxineses.


PÁXINAS  90-91


1º- Casas luxosas dos ricos romanos nas cidades.

2º- Casas das cidades onde vivían as persoas humildes.

3º- Gran praza rodeada de edificios públicos.

4º- Obra de enxeñaría que transportaba auga á cidade.

5º-  Construción conmemorativa de grandes batallas.

6º- Neles organizábanse xogos e loitas de gladiadores.

7º- Nelas vendíanse os produtos agrícolas que se traían de fóra da cidade.

8º- Neles traballaban os teceláns, zapateiros, ourives, panadeiros, oleiros...

9º- Persoas que non tiñan liberdade e eran propiedade doutra persoa.

10º- Dúas clases sociais entre as persoas libres romanas.


PÁXINAS  92-93


1º- Arredor delas organizábase as explotacións agrícolas de onde se obtiñan os alimentos que se consumían nas cidades.

2º- Lugar onde vivían a maioría dos habitantes do Imperio Romano.

3º- Alí vivían os propietarios da vila romana.

4º- Catro construcións da vila onde se facían diversos traballos.

5º- Mistura hispana, feita a base de peixe, moi apreciada polos romanos.

6º- Produtos vexetais que levaban os romanos de Hispania.

7º- Metais que exportaba Hispania para outras partes do Imperio.

8º- Principal modo de comunicarse para facer comercio entre as provincias afastadas do Imperio Romano.

9º- Gran vía romana que comunicaba Gades con Brigantium.

10º- Gran vía romana que comunicaba Ampurias con Cartago Nova.


PÁXINAS 94-95

1º- Os romanos  chámanse así por crer na existencia moitos deuses.

2º- Tres deuses importantes para os romanos.

3º- Dúas maneiras que tiñan os romanos de honrar  a os deuses.

4º-  Deuses protectores das familias en Roma.

5º-  Chámanse así os romanos por estar sempre consultando aos deuses antes de tomar decisións.

6º- Único deus que adoran os xudeus.

7º- Momento histórico en que nace Xesús, o Mesías dos cristiáns.

8º- Dous motivos polos que Xesús foi crucificado.

9º- Tres requisitos para gañar a salvación eterna segundo o cristianismo.

10º- Tres recomendacións para os cristiáns primitivos.


AVISO A NAVEGANTES!


Se vos poño un exame non debedes tomalo coma unha sorpresa, porque levamos todos os días traballando no tema seis do libro, facendo pistas e preguntando polo dereito e o  revés, escribíndoas no encerado, no Amarosinho Xeográfico, no Lingüístico... e aínda faremos máis. Chamei voluntarios todos os días para un dez e deixastes pasar a ocasión, por iso chamei forzosos, pero a cousa así non funciona.

Se o deixas todo para o final... alá ti. Xa sabes,os talentos pódense herdar, pero as notas gáñanse traballando, duro ás veces. Á xente que lle gusta estudar non conta o tempo que pasa diante do libro porque  sempre lle é pouco.Outros fan o mesmo, pero diante da tablet, os xogos do ordenador, etc, e non se acordan de estudar nin no libro, nin no blog, nin na libreta.

Que pasemos un feliz día de San Antón.









No hay comentarios:

Publicar un comentario