PRAIAS
Nas praias acumúlase a area que as ondas do mar arrastran dun lado a outro. A area fina e branca procede do contínuo desgaste das rochas, das cunchas e caparazóns dos mariscos que se crían no litoral. A cantidade de praias que hay en Galicia é inmensa tendo o privilexio de contar coa escollida como mellor do mundo: Rodas nas illas Cíes. Unhas miden varios quilómetros de longo como A Lanzada e outras son pequeniñas como a de Praceres. Enterrados na area medran todo tipo de mariscos como ameixas, berberechos, navallas, zamburiñas, etc. As mulleres con sachos van levantando a area e rebuscando ata encontraren os mariscos., polo que ese traballo se chama mariscar y elas mariscadoras.Coas cunchas tamén fan adornos que venden a os turistas.
MARISMAS
Así como as praias, as marismas tamén existen dabondo. No Grove existe unha extensa zona chaira que grazas a o continuo ir e vir do mar crea unhas condicións óptimas para que medren seres vivos de extraordinario interes, polo que é un espacio natural protexido. Pero tamén existen outras en Baiona, na desembocadura do río Miñor.
TÓMBOLOS
O Grove foi unha illa ata que as areas depositadas polas correntes fixeron un camiño longo e estreito (istmo) co que quedou unida a terra firme. O mesmo pasou co Monte do Boi en Baiona, e a Coruña.
CANTÍS
Nas Rías Altas galegas existen cantís famosos como son As Catedrais pola súa beleza caprichosa . E outros, como os de o cabo Ortegal que asustan pola bravura con que as mareas os baten mentres os percebeiros, colgados dende as alturas, escarban nos duros penedos arrincando os froitos máis caros do mar.
RÍO XALLAS
RÍAS ALTAS
RIAS GALEGAS
PERCEBEIROS
No hay comentarios:
Publicar un comentario