Vexamos imaxes da esquina noroeste da Península Ibérica que os romanos chamaron Gallaecia porque os seus habitantes tiñan moito en común cos gálatas de Turquía, cos galos da Galia, xa que eran tribus celtas. Quedan aínda restos daqueles primeiros habitantes en castros, dólmenes, mámoas, menhires, pedras formosas, petroglifos... e tamén nos nomes dos pobos e vilas.
Estamos moi influidos pola humidade atlántica. Os bosques autóctonos son caducifolios, a pesar das plantacións foráneas de eucaliptos e piñeiros, que son de folla perenne. A fauna foi sempre abundante pola calidade e cantidade de pastos. A extraordinaria riqueza da costa hoxe permanece e son famosos os mariscos e peixes das rías.
Moitos ríos son ricos en salmóns, troitas, lampreas, etc, ainda que a construción de encoros destroce os ecosistemas naturais que se formaron co paso dos séculos. Algúns, como o Miño ofrecen manantiales de augas termais que dende sempre foron apreciadas polos galegos e hoxe son un atractivo turístico.
As serras esconden minas antigas de ouro, estaño,etc e outras máis modernas de wolframio...
A riqueza dun territorio permite a os habitantes establecerse e crear poboacións.
MÚSICA E PAISAXE
BOSQUES XENEROSOS
BOSQUE E VIDA
MAR E VIDA
RIQUEZA ESCONDIDA
RIBEIRA SACRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario